|
Marful en Santiago de Compostela |
|
|
Écrit par Administrator
|
|
Mardi, 27 Janvier 2009 10:23 |
|
Este xoves 29 de xaneiro, Marful volve a Santiago de Compostela. O cuarteto dará un concerto en Arteria Noroeste para 80 afortunados, que poderán gozar do son máis cercano e sentido de Marful Intimissimo.

Este será un concerto especial, no que o público poderá deleitarse con temas do seu primeiro e exitoso traballo, mesturados con novas pezas que formarán parte do segundo disco de Marful, que verá a luz este ano. A fórmula é ben coñecida: a voz e a sensibilidade de Ugia Pedreira, a guitarra de Marcos Teira e os ventos dos irmáns Pascual, ben mesturados para converter cada novo concerto de Marful nunha experiencia inesquecíbel.
Arteria Noroeste (a sé da Sgae Noroeste, en Santiago de Compostela) acolle este concerto único de Marful. A cita é o xoves 29, ás 21h, e as entradas, de 5€ (4€ para socios da Sgae, estudantes e xubilados), poden adquirirse na Taquilla online de CaixaGalicia ou en Arteria Noroeste.
Para máis información, envío de dossieres e fotografías ou entrevistas, non dubiden en poñerse en contacto con nós: Antía Paz -communicatión Abada xestión cultural Via Pasteur, 5-2°B Políg. do Tambre E-15890 Santiago de Compostela A CORUÑA GALIZIA-SPAIN Tel.: +34 981 576 574 Fax: +34 981 576 574 info@abada.es
|
|
Mise à jour le Mardi, 27 Janvier 2009 10:37 |